Thursday, August 10, 2006

LONGA NOITE DE PEDRA
O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos estántaménde pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.

2 Comments:

Blogger L. Celeiro said...

Saúde e liberdade! Precioso poema da nossa terra.

8:50 AM  
Blogger Brianda said...

Moi boa iniciativa. Estaremos cos ollos ben abertos ;)

1:13 PM  

Post a Comment

<< Home